Benvidos/as a un espazo común onde compartir ideas, información, sabedoría, sentimentos, pensamentos.
Jeune Europe non é só un nome. É unha luz tenue, un sendeiro que seguimos partindo dun pasado europeo que tivo lugar no século XIX, cheo de cambios e axitación. “La Jeune Europe” foi un grupo de intelectuais provenientes de distintos países europeos constituido segundo os ideais de Giuseppe Mazzini “construír xuntos unha Europa da xente”.
O espírito do noso proxecto é o de crearmos un espazo común para xente de orixes e campos de estudo diversos co obxectivo holístico de progresar mediante o intercambio. Cen anos despois da Primeira Guerra Mundial, que enfrontou ós xoves europeos os uns contra os outros, e 30 anos despois do nacemento do proxecto Erasmus que creou novos vínculos entre a xuventude europea, hoxe temos ante nós o reto de desenvolver, mediante unha completa integración, unha Europa que sirva de referente ó resto do mundo.
Hoxe en día a discusión sobre as fronteiras e a mestura cultural están presentes e son precisas. Fundamos un contexto familiar europeo con xente proveniente de diferentes lugares do mundo falando da localización física, mesmo se a tecnoloxía permitiunos ir moito máis alá para compartir coñecementos, aportar contribucións e valores para construír unha nova, maior e máis forte Europa con base no progreso individual e colectivo. Polo tanto cada visitante terá a oportunidade de tomar e compartir os seus coñecementos contactando cos autores. Ó considerarmos a calidade dos seus contidos un elemento primordial deste blog, os artigos serán avaliados antes de seren publicados.
Do mesmo xeito que o obxectivo deste blog é obter o mellor mediante o intercambio, o seu contido inclúe todo tipo de temáticas, unha especial énfase nos temas europeos. Aínda e así a contribución de países non europeos é importante para ter visión de Europa dende o exterior.
Coma nova xeración que somos teremos que nos enfrontar ós retos que o futuro nos depara. Algunhas sendas, coma a construción de la paz en Europa, xa foron iniciadas e é a nosa tarefa protexe-lo que se fixo até o momento. Outras, coma o cambio climático, recaen sobre nós.
“Jeune Europe” é un xeito de coñecernos mutuamente coma europeos, para medrar xuntos, reducir as distancias entre nós, facer coñecer ó mundo quen somos e que podemos facer polo futuro global. A nosa responsabilidade é a de toma-lo mellor do noso pasado e face-lo mellor no presente para construír un futuro mellor.
Nós, Europa, podemos facelo.
Translated by Tomás Rodriguez